Referencia Histórica
San Esteban de Gormaz é unha vila castelá situada a 70 quilómetros da capital soriana, a 28 quilómetros do xacemento arqueolóxico do Tiermes e a 45 quilómetros de Aranda de Duero. Está ubicada estratexicamente entre a ribeira superior do río Duero e un outeiro sobre o que se levantan os restos do seu castelo. Os primeiros vestixios datan do Neolítico Calcolítico (na "Cueva de las Salinas"). Tamén existen reseñas da etapa celtíbera, aínda que a súa presencia máis destacada céntrase na época romana tal e como o demostran os abundantes achádegos atopados: inscricións, cerámica e elementos arquitectónicos e decorativos. |
Sen embargo, o papel máis importante de San Esteban de Gormaz na Historia de España foi durante a Reconquista.
No ano 883 Alfonso III
conquistou estas terras e refortificounas, situando a fronteira entre mouros
e cristiáns no río Duero. No ano 912 repoboouse por Gonzalo Fernández.
A partir de entón, San Esteban de Gormaz vai a ser testemuña de múltiples
batallas entre reinos mouros e cristiáns, pasando a posesión da Vila
continuamente das mans duns ás doutros continuamente, segundo ía evolucionando a contenda.
Rematada a Reconquista, a Vila introdúcese nun letargo que derivará nun retroceso político, económico e demográfico. As duras condicións climatolóxicas e as sucesivas epidemias reduciron drasticamente a súa poboación. No século XX rexurgirá gracias ó asentamento de varias industrias que serán o complemento para unha, aínda, numerosa poboación agraria, frenando a emigración rural cara ás cidades. Actualmente, a Vila alberga unha completa infraestructura de servizos públicos e comerciais que garanten a estabilidade e o bo servizo ós cerca de 2.500 sanestebeños que residen nela. |
Arco da Vila, Praza Maior e Rúa Maior
Entrando na Praza pola estrada, atopámonos co Arco da Vila, que foi porta de entrada á antiga muralla. Na súa parte posterior conserva un escudo coas armas de Diego I López Pacheco o Gran, o que fora Conde de San Esteban de Gormaz durante os anos 1501 e 1529.
A Praza Maior ten forma cadrada e intégrana un conxunto de edificacións porticadas. Na fachada oeste está a Casa do Concello construído na década dos noventa. Este edificio levantárase a imitación do que houbera no mesmo lugar desde 1629 ata 1966; ano no que xeito desacertado se substitúe por outro máis moderno pero menos integrado no entorno. En 1994 a Duquesa de Alba (condesa de San Esteban) inaugurou o actual Casa do Concello, que devolve á Praza parte do esplendor perdido. |
A Rúa Maior atravesa lateralmente a Praza Maior e continúa coas galerías porticadas en dirección oeste. En toda a Rúa atopamos as casas máis ilustres da Vila, edifícios de pedra blasonados con escudos pertencintes a famílias nobres. Destaca o inmueble coñecido como Cuartel Vello (utilizado como caserna da Guardia Civil na primeira metade do século). Na súa fachada aprécianse, ademais do escudo, diversas lápidas de orixe romana e un sillar decorado de orixe visigodo.
Igrexa de San Miguel
Da Rúa Maior, pola dereita, nace a Rúa San Miguel. Esta rúa empedrada e estreita condúcenos cara un un dos edificios máis emblemáticos e sorprendentes da arte románica. Construírase en 1081 polo Mestre Julianus (pódese ler sobre o arco de entrada ó pórtico). Esta data convírtea na primeira igrexa románica porticada da provincia e unha das pioneiras do románico e Castela e León.
A súa galería porticada está orientada cara ó sur e consta de sete arcos sobre muro corrido, só interrompido polo van central que sirve de porta. O tipo de edificación é sinxela. Consta dunha soa nave con cuberta de madeira, orientada cara un corpo absidal semicircular que a pecha. Algo posterior é a torre de base cuadrada agregada ó edificio, construída no tramo inferior de pedra e no superior de tixolo, mostra da forte influencia musulmana que predomina no resto do edificio e sobre todo nos elementos decorativos. |
Igrexa de "Nuestra Señora del Rivero"
É a igrexa de maior devoción na Vila, mercé á súa venerada Virxe do Riveiro. Situada estratexicamente nun oitero, domina desde o seu pórtico toda a ribeira do Duero (de aí o seu nome).
Construírase na primera metade do século XII e mantén o mesmo estilo e estructura que San Miguel, aínda que con maiores dimensións. Os elementos decorativos son máis perfectos, conservando a influencia islámica. Ó pórtico accédese por unha longa escalinata. Á dereita da porta nótanse cinco arcos de medio punto sostidos por longas columnas e belos capiteis, e a esquerda tres arcos lisos que substitúen os orixinais perdidos. Dentro do pórtico consérvase o arco sepulcral de Vistas Pascal, protagonista da famosa lenda do "Vado de Cascajar". |
No interior destacan un sobrio retábulo do século XVII, que alberga á Virxe do Riveiro e o coro cun magnífico artesoado de madeira, do século XVI. A igrexa loce na súa fachada unha espadana engadida no século XVIII que lle dá volume e grandiosidade.
Ponte Medieval
A longa ponte romana de pedra, que cos seus dezaseis ollos atravesa o Dueiro, é un dos elementos que marcou a historia de San Esteban de Gormaz. Era un dos poucos pasos que permitía cruzar o río Dueiro no medievo, a fronteira entre os reinos cristiáns e Al Andalus. Seguramente está fundamentado en outra de orixe romana que, pola súa importancia, foi continuamente reparada, conservada e ampliada polos sanestebeños ó longo dos séculos, segundo as esixencias da época. |
Han participado en la traducción (por orden alfabético):
Margarita Esteban Muñecas
Ricardo Seijo
Xosé Lois Bouzas Millán
Octubre de 2001